Reserva de visitas as Illas Atlánticas

Máis información

Preguntas frecuentes

- Que necesito para realizar unha visita de día as Illas Cíes ou a Illa de Ons?

Para visitas de día ás Illas Cíes ou a Illa de Ons, ademais da autorización administrativa gratuita que pode obter nesta web, debe adquirir o seu billete de transporte nunha navieira autorizada.

- Si quero pasar a noite na illa, necesito autorización?

Sí, pero nesta web só se emiten autorizacións de día. Para campistas, unha vez realizada a reserva no camping de Cíes ou no camping de Ons, o propio camping tramitará a autorización administrativa necesaria para as datas reservadas.

- Como podo obter a autorización administrativa para un día?

Pode obtela nesta web premendo no botón OBTER AUTORIZACIÓN da páxina principal que inicia o proceso de autorización.

- Que pasos teño que seguir para obter a autorización?

Debe completar a información solicitada nos 4 pasos do proceso de OBTER AUTORIZACIÓN (datos da reserva, datos da persoa solicitante, datos das persoas visitantes e confirmación). Unha vez finalizado o proceso obterá un código de prereserva provisional, co que ten un tempo de dúas horas para adquirir o seu billete de transporte nunha navieira autorizada: transcorridas as dúas horas sen adquirir o billete o código de prereserva provisional deixará de ser válido e deberá repetir o proceso de autorización para obter un novo código. Unha vez adquirido o billete nunha navieira autorizada, recibirá na dirección de correo electrónico proporcionada a autorización administrativa definitiva ou poderá descargala nesta páxina: https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal/illasr/busquedaPorLocalizador.

- Onde podo adquirir o billete de transporte se teño unha prereserva provisional para visitar as Illas?

Debe adquirir o seu billete de transporte nunha navieira autorizada.

- Cales son as navieiras autorizadas?

Para visitar as Illas Cíes: Pinche aquí.
Para visitar a Illa de Ons: Pinche aquí.

- A autorización unha vez emitida pódese anular?

Sí, ata 15 días antes da visita accedendo á opción ANULAR AUTORIZACION/PRE-RESERVA desta web. Introducirá o número de autorización que desexe anular e enviaraselle á dirección de correo indicada na solicitude un enlace, que deberá pulsar, para confirmar a anulación da autorización. Neste momento, deberá poñerse en contacto ca navieira a que lle comprou o billete para que confirme a anulación do seu billete.

Máis información